EDUCACION

martes, 3 de mayo de 2011

lunes, 27 de octubre de 2008

ANALISE DE MATERIAIS

Título: PROGRAMA SEDEA
(Programa Secuenciado de Desenvolvemento Auditivo)
Editorial: Onda Educa
Versión: Demo
Tipo: comercial
Idioma: Castelán
Ano de creación: 2.003
Instalación: doada, precisase de tarxeta de son, altavoces ou aurículares.


Sedea é un programa específico creado para a súa utilización en intervencións rehabilitadoras con nenos ou nenas con deficiencias auditiva. Pode, tamén, usarse nas aulas de Audición e Linguaxe ou polos profesores de apoio con nenos ou nenas que non teñan deficiencia auditiva pero si dificultades de atención, discriminación ou memoria.








O obxectivo fundamental do programa é o desenvolvemento da escoita activa e a funcionalidade da audición.

O programa está estructurado en cinco fases con distintas actividades e cunha avaliación inmediata.

O programa conta cun variado repertorio de sons clasificados que recompilan o contorno sonoro dos nenos. Os sons pódense presentar con apoio visual, e en diferentes situacións sonoras.


É un programa moi motivador para os nenos e nenas e de fácil uso tanto para eles coma para os mestres.

Os gráficos, sons e vídeos son de boa calidade.
O programa conta con manual e guía.
A versión demo non permite o uso de tódalas funcións.
Para máis información consultar en www.ondaeduca.com.

sábado, 25 de octubre de 2008



Comezamos esta nova aventura introducindonos no mundo virtual dos "blogger".

Para comezar subin esta foto de nenos e nenas formando unha especie de estrela que emana ledicia.