EDUCACION

lunes, 27 de octubre de 2008

ANALISE DE MATERIAIS

Título: PROGRAMA SEDEA
(Programa Secuenciado de Desenvolvemento Auditivo)
Editorial: Onda Educa
Versión: Demo
Tipo: comercial
Idioma: Castelán
Ano de creación: 2.003
Instalación: doada, precisase de tarxeta de son, altavoces ou aurículares.


Sedea é un programa específico creado para a súa utilización en intervencións rehabilitadoras con nenos ou nenas con deficiencias auditiva. Pode, tamén, usarse nas aulas de Audición e Linguaxe ou polos profesores de apoio con nenos ou nenas que non teñan deficiencia auditiva pero si dificultades de atención, discriminación ou memoria.








O obxectivo fundamental do programa é o desenvolvemento da escoita activa e a funcionalidade da audición.

O programa está estructurado en cinco fases con distintas actividades e cunha avaliación inmediata.

O programa conta cun variado repertorio de sons clasificados que recompilan o contorno sonoro dos nenos. Os sons pódense presentar con apoio visual, e en diferentes situacións sonoras.


É un programa moi motivador para os nenos e nenas e de fácil uso tanto para eles coma para os mestres.

Os gráficos, sons e vídeos son de boa calidade.
O programa conta con manual e guía.
A versión demo non permite o uso de tódalas funcións.
Para máis información consultar en www.ondaeduca.com.

No hay comentarios: